Libros infantiles de 3 a 6 años
Filtrar
PecharMr Mózar is a musician, a stay-at-home dad, a Sagittarius and he weighs 100 kilos. One morning, when he is working on a new song and looking after the baby, he discovers that his son didn’t go to school. Wolfran claims that an Indian tribe wants to kidnap him.
«Vai un día estupendo para se deitar ao sol, chapuzar e nadar na piscina de augas cristalinas…, ata que o meu irmán berra:
—PAPÁ! QUERO FACER CACA!
Arreando! Pero... daremos chegado a tempo ao baño?».
Coello anda desacougado. Ten unha ansia grande coma un mundo. Un malestar moi insistente que vai detrás del a todos os sitios e non o deixa pensar en máis nada. Velaí que decida chamar os seus amigos, pero disque todos están moi atarefados.
Ani, o libro de Contos dos cinco continentes que Mar colleu na biblioteca de Lemoito, por fin vai viaxar. Vai con Mar á casa dos avós, na vila de Lerentrenós. No faiado da casa coñece a un semellante seu, un volume sobre Exipto, que lle conta a historia dos libros que aló vivían.
A sombra do elefante é moi voluminosa, a do pavón abondo delicada, a da tartaruga atrásase, a do camaleón cambia de cor, e como esvara a do golfiño! Todos os animais queren axudar a ovella á que o lobo lle comeu a sombra a atopar outra que poida substituír a súa.
A nai, o pai e Coconut sempre lle din a Cocolicot que os crocodilos son afoutos e nunca choran. Así e todo, un día Cocolicot non deu reprimido o pranto, e velaquí o que pasou.
Catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar.
Cacarabín, Cacarabón é unlibro de poemas baseados principalmente no folclore infantil.
O neno comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
Don Xata e os seus amigos teñen que atopar uns froitospara a festa da súa comunidade, pero desapareceron e, por riba, don Xata perdeuse! Todos terán que matinar para resolver os problemas que se lles presentan…e coidar do seu bosque!
Albelo é un ratiño que vive tranquilo no campo, nun espazo reducido ao contorno do seu tobo. Un día aparece Petís, que vén de lonxe.