Libros juveniles
Pagination
- Previous page
- Page 2
Filtrar
PecharEn outubro de 1891, con 10 anos acabados de facer, Picasso chega coa súa familia á Coruña, onde acaban de concederlle ao pai praza de profesor na Escola de Belas Artes. O rapaz axiña se adaptará á cidade e dará mostras do seu carácter curioso e inquedo.
Rematando o monzón, Sari embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de ensinanzas e conversas co rapaz.
Xavier é un neno ensimesmado e algo fantasioso que pasa o verán na vila dos seus tíos. Alí coñece a Clara, unha rapaza especial capaz de ver dentro dos seus soños. Xuntos descubrirán o misterio e os segredos de familia que acubillan as ruínas da casa de Andrés Troncoso, o bisavó de Clara.
Que casualidade que o único cuarto da casa que non ten fiestra cara á rúa sexa o de Cecilia! Xa que logo, nunha parede ten colgado un cadro sobre unha xanela que pintou o seu avó.
Marcos, un mozo a quen o seu pai está a iniciar na escalada, sálvalle a vida a un alpinista suízo nos Picos de Europa; pero o vínculo entre ambos os dous nacera anos atrás, nas misteriosas rexións
Álex, un mozo compostelán, escoita no telexornal que uns lobos atacaron uns cabalos en Valdelobos, aldea da Costa da Morte. Por mediación do pai vai pasar uns días a ese lugar.