Libro y álbum ilustrado infantil
Filtrar
PecharA nai, o pai e Coconut sempre lle din a Cocolicot que os crocodilos son afoutos e nunca choran. Así e todo, un día Cocolicot non deu reprimido o pranto, e velaquí o que pasou.
Cacarabín, Cacarabón é unlibro de poemas baseados principalmente no folclore infantil.
O neno comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
Hai tantas casas coma xente que vive nelas. Casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Cómpre levarse ben con elas, para que te protexan e te coiden.
Animais, elementos da natureza, froitas, xoguetes, materiais para a escola, profesións, contos tradicionais e festas escolares. Entre estas oito seccións repártese o cento de ocorrentes adiviñas que completan este libro.
As parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo
Don Xata e os seus amigos teñen que atopar uns froitospara a festa da súa comunidade, pero desapareceron e, por riba, don Xata perdeuse! Todos terán que matinar para resolver os problemas que se lles presentan…e coidar do seu bosque!
Albelo é un ratiño que vive tranquilo no campo, nun espazo reducido ao contorno do seu tobo. Un día aparece Petís, que vén de lonxe.
Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paso e caes ao mar; neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo.
Estrela e Max andan nos colectores do lixo na procura de roupa e comida. Para os demais nenos do barrio non son Estrela e Max, senón Inmundicia e Roñoso, dada a sucidade que acumulan. Unha tarde, os nenos do barrio empúrranos dentro dun colector e atrancan a porta.
Mima vive con Robot nunha cabana da ribeira do río. A súa vida é moi tranquila ata que chega o día do seu noveno aniversario. Á mañá seguinte emprenderá unha viaxe en barco, río arriba, con Robot, o tío Onofrio e Boliña, o seu can.
A tartaruga Pepa é deses seres dispostos sempre a axudar aos demais. Unha tarde, un ratiño mancado, e tamén algo lacazán, pídelle que o transporte sobre a cuncha. Ao día seguinte, outros bichiños da selva aproveitan a boa vontade de Pepa e utilízana como autobús.