Configurador de lecturas
Filtrar
PecharAni, o libro de Contos dos cinco continentes que Mar colleu na biblioteca de Lemoito, por fin vai viaxar. Vai con Mar á casa dos avós, na vila de Lerentrenós. No faiado da casa coñece a un semellante seu, un volume sobre Exipto, que lle conta a historia dos libros que aló vivían.
A sombra do elefante é moi voluminosa, a do pavón abondo delicada, a da tartaruga atrásase, a do camaleón cambia de cor, e como esvara a do golfiño! Todos os animais queren axudar a ovella á que o lobo lle comeu a sombra a atopar outra que poida substituír a súa.
Cando Lucas decide probar o telescopio que lle regalan os pais polo seu aniversario, non imaxina a sorpresa que lle espera do outro lado da súa fiestra. Tras os vidros escachados dunha fábrica en ruínas descobre unha rapaza, coa que empeza a comunicarse con breves mensaxes escritas en cartóns.
Un día, da noite para a mañá, como por arte de meigas, os animais da lagoa descobren unha sospeitosa caravana de automóbiles. Pronto saberán que son obreiros que veñen desecar o seu País da Auga, polo que deciden organizarse para defender o seu territorio.
A vida de Ari semella coma a de calquera rapaza da súa idade, atafegada entre o colexio, as amigas e a súa nai, que non entende que está comezando a facerse maior.
Nova York, 1917. Gran pelexa entre cans e gatos. Ed o fanfurriñeiro, o cadelo orellán, acusa o clan dos Gattuccini de tratar de envelenar as súas croquetas. Unha banda de cans contra unha de gatos: unha nova e perigosa misión para Gatlock, que deberá poñer paz entre eles.
Este libro, en letra maiúscula e con lapelas que mudan a escena, axudará os máis pequenos nas súas aprendizaxes básicas.
Os protagonistas teñen que aprender a manexar as súas emocións: tristura, noxo, ledicia, medo ou impaciencia.
Tokio, 2020.
Pánico na cidade! Unha maldición converte os gatos en estatuas. Gatlock lidera a investigación para descubrir a verdade. El e os seus amigos están preparados para calquera cousa. Mesmo para se enfrontaren aos terribles samugatorais!
A nai, o pai e Coconut sempre lle din a Cocolicot que os crocodilos son afoutos e nunca choran. Así e todo, un día Cocolicot non deu reprimido o pranto, e velaquí o que pasou.
Quen se agocha detrás das lapelas?
Un libro animado cheo de máxicas sorpresas.
Os nenos gozarán das adiviñas procurando os seus animais preferidos.
A Benita e Malva —dúasxemelgas idénticas só naaparencia— acaban deabandonalas os pais. Unhaauxiliar de policía encárgasede levalas cun suposto tío,Eustache Chaillot, que rexentaun restaurante en París. PeroChaillot foi acusado de asasinarun crítico que falou mal dassúas célebres croquetas.
Os animais da granxa prepáranse para irse deitar: o pitiño batuxa na bañeira, o parrulo cepilla o peteiro, a vaca pon o seu pixama favorito e o porco le un conto. Un libro con lapelas sobre os hábitos previos a ir durmir.