Libros juveniles en gallego
Filtrar
CerrarMaíto é un neno xitano. O seu pai, Panduro, está na cadea e é analfabeto.
A avoa de Bea marcha vivir a unha residencia. A nena decide visitala diariamente e regalarlle os oídos cos relatos que escribe. No asilo fai amizade con outros anciáns e comproba que, ás veces, as evidencias enganan.
Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis insigne das nosas letras. Iniciou o chamado Primeiro Renacemento galego e deulle prestixio á nosa lingua cando se percibía como un dialecto.
Nas ruínas dun sanatorio situadonun lugar perdido da serra deMadrid agóchase un segredoarrepiante que ninguén deberíadesvelar. Sebas, o seu curmánÁlvaro e a cuadrilla dos Furtivosignoran que asomarse a uninquietante burato marcará assúas vidas para sempre.
Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unhanoites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa.
Nadia, unha adolescente tímida e con problemas familiares, vive o espertar do seu primeiro amor. O que está a sentir por Manel abre a súa personalidade, que deixa de ser a dun cero escuro, a cifra á marxe coa que ninguén conta.
Rebumbio de Arriba é unha vila de montaña onde nunca pasa nada. Porén, todo o mundo fala ultimamente da chegada dun médico árabe, que acaba de instalarse alí coa súa familia. Un día, sen saber de onde, aparece un lobo que ataca os rapaces na escola e atemoriza a poboación toda.
O que ía ser un verán sen sobresaltos, verase transformado nunha aventura grazas a uns avós pacientes, un curmán mentireiro e un vello mago que agocha antigos segredos.
A Mariña encántalle o fútbol, e é tan boa co balón que semella que fai maxia cos pés. Pero os rapaces non llo poñen doado e impídenlle xogar no campo de fútbol do patio.
Un disparo nos cantís, unha muller que non existe, un fareiro misterioso e o segredo dun nome. Agora Hugo ten sangue nas mans. Que viu realmente? Cando tenta comprendelo, vese fronte a un enigma que enraíza na Segunda Guerra Mundial.
O lume contador de historias nace cando un raio aviva unha póla da única árbore de pamarandá que existe no mundo.
Hai anos que unha sospeita atenaza a Abril. A decisión dos pais de trasladárense a un barrio novo e abandonar a súa vida anterior outorgaralle á nena a tranquilidade desexada.