Libros y álbumes ilustrados
Pagination
- Previous page
- Page 3
Filtrar
PecharEstamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unhanoites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa.
Rebumbio de Arriba é unha vila de montaña onde nunca pasa nada. Porén, todo o mundo fala ultimamente da chegada dun médico árabe, que acaba de instalarse alí coa súa familia. Un día, sen saber de onde, aparece un lobo que ataca os rapaces na escola e atemoriza a poboación toda.
Coello ten un desexo. Un desexo pequerrecho que anda a rebulir pola súa casa e ao que non dá pillado. Un desexo toleirán, de rechamante cor rosa, ao que xa lle tarda que lle fagan caso...
A Mariña encántalle o fútbol, e é tan boa co balón que semella que fai maxia cos pés. Pero os rapaces non llo poñen doado e impídenlle xogar no campo de fútbol do patio.
No mundo fantástico dos Nubelos só os vellos Grislás conservan a memoria das lendas. Unha desas lendas garda as enigmáticas claves coas que Nubelo de La poderá coñecer a verdadeira historia do seu pai, a quen todos lle chaman o Pintamonas.
Como conseguiu a súa luz o vagalume? Por que a cebra ten raias? ¿Cal é a razón de que voe o peixe voador? En que momento empezou o can a enterrar os ósos? Como se orixinou a crista do galo? De que maneira logrou o caracol a súa casa?
A Uxía gústalle contar os dedos da man, os animais que ve no xardín, as caixas de galletas do supermercado... e buscar formas por todas as partes: círculos, cadrados, triángulos...
A quen non lle gustaría voar? Pois Sansón Lamparte, o protagonista desta historia, sabe facelo ás mil marabillas. Algo bastante normal, diredes vós, se naces nun circo,a túa nai é trapecista e o teu pai un deses arrichados artistas aos que lle chaman homes-bala.
O lume contador de historias nace cando un raio aviva unha póla da única árbore de pamarandá que existe no mundo.
Hai anos que unha sospeita atenaza a Abril. A decisión dos pais de trasladárense a un barrio novo e abandonar a súa vida anterior outorgaralle á nena a tranquilidade desexada.
Palacio de Schönbrunn, Austria, 1763.
Xoubas, desapareceu o colar da raíña Lisbeth! Gatlock ten só unhas horas para esclarecer o misterio. Canda os seus amigos os paxaros, os cans e o cachourizo, Gatlock non dubidará en lanzarse tras a pista do ladrón.
Nun peto do seu anorak, Zoe garda un segredo tan pequeno que cabería no corazón dunha mazá, pero é tan importante que non lle deixa durmir. Non llo pode contar a ninguén, e iso resúltalle dificilísimo. Será quen de aguantar?