Configurador de lecturas
Filtrar
PecharRebumbio de Arriba é unha vila de montaña onde nunca pasa nada. Porén, todo o mundo fala ultimamente da chegada dun médico árabe, que acaba de instalarse alí coa súa familia. Un día, sen saber de onde, aparece un lobo que ataca os rapaces na escola e atemoriza a poboación toda.
Coello ten un desexo. Un desexo pequerrecho que anda a rebulir pola súa casa e ao que non dá pillado. Un desexo toleirán, de rechamante cor rosa, ao que xa lle tarda que lle fagan caso...
O que ía ser un verán sen sobresaltos, verase transformado nunha aventura grazas a uns avós pacientes, un curmán mentireiro e un vello mago que agocha antigos segredos.
A Mariña encántalle o fútbol, e é tan boa co balón que semella que fai maxia cos pés. Pero os rapaces non llo poñen doado e impídenlle xogar no campo de fútbol do patio.
Un disparo nos cantís, unha muller que non existe, un fareiro misterioso e o segredo dun nome. Agora Hugo ten sangue nas mans. Que viu realmente? Cando tenta comprendelo, vese fronte a un enigma que enraíza na Segunda Guerra Mundial.
No mundo fantástico dos Nubelos só os vellos Grislás conservan a memoria das lendas. Unha desas lendas garda as enigmáticas claves coas que Nubelo de La poderá coñecer a verdadeira historia do seu pai, a quen todos lle chaman o Pintamonas.
Como conseguiu a súa luz o vagalume? Por que a cebra ten raias? ¿Cal é a razón de que voe o peixe voador? En que momento empezou o can a enterrar os ósos? Como se orixinou a crista do galo? De que maneira logrou o caracol a súa casa?
Suíza, 1976. Terror no val! Un gatominable monstro das neves atemoriza a aldea de Appenzell. Na compaña da súa amiga a ratiña Magali, Gatlock non dubida en emprender a busca desa misteriosa criatura…
Hoxe Iago vai visitar o museo dos dinosauros cos seus pais. Quere sabelo todo sobre eses animais! Logo van á súa casa os seus amigos Uxía e Alí e xogan a seren auténticos dinosauros. Grrr!
A Uxía gústalle contar os dedos da man, os animais que ve no xardín, as caixas de galletas do supermercado... e buscar formas por todas as partes: círculos, cadrados, triángulos...
A quen non lle gustaría voar? Pois Sansón Lamparte, o protagonista desta historia, sabe facelo ás mil marabillas. Algo bastante normal, diredes vós, se naces nun circo,a túa nai é trapecista e o teu pai un deses arrichados artistas aos que lle chaman homes-bala.
O lume contador de historias nace cando un raio aviva unha póla da única árbore de pamarandá que existe no mundo.